TÉCNICA ELABORACIÓN PLEITA, DESEÑO DE PEZA, COSIDO E DETALLES
Aprenderemos a seleccionar o material e a elaboración da pleita. Cada participante deseñará co apoio de Edu a peza que desexe adaptada ao seu nivel. Dado que é unha técnica que require tempo en pezas máis elaboradas, é por iso que se estructura de forma trimestral. Nunha soa sesión non é posible asegurar o remate da peza posto que isto depende das habilidades previas de cada asistente.
Queremos rescatar do rural os corrillos de creación, xa que permiten o intercambio interxeneracional, posibilitan conversas unha vez se ten destreza e queremos que sexa un momento distendido e de relaxación no ámbito urbano. Os materiais son de produción local e están incluídos.
Sobre o mestre
Deseñador galego gran coñecedor de tradicións e saberes ancestrais. No seu facer actual (deseñador de producto, estilista e xastrería) centra o seu traballo e experimentación recuperando vellos conceptos para darlles novas formas.
Como formador está moi involucrado no rural, con gran foco en descentralizar a transmisión de coñecemento e as artes máis alá dos núcleos urbanos.
Estas son as actividades que terán lugar nas vindeiras datas. Clica na imaxe para obter máis info de cada unha.
Actividades, eventos e formacións que xa tiveron lugar.
💙Natureza&arte&corazón
📍Galiza/NW Spain 🍃✨ ✨ ✨ ✨
Instagram: @paciencia.gal
pacienciaespazo@gmail.com
Aviso legal
Política de devolución
Política de privacidade
Identidade visual + web: Novagarda
Estas son as actividades que terán lugar nas vindeiras datas. Clica na imaxe para obter máis info de cada unha.
Actividades, eventos e formacións que xa tiveron lugar.
Experiencias e obradoiros cociñados a lume lento en Santiago de Compostela
Instagram: @paciencia.gal
pacienciaespazo@gmail.com
Aviso legal
Política de devolución
Política de privacidade
Identidade visual + web: Novagarda