Neste taller pensaremos e construiremos unha cabana para que pase a formar parte do proxecto @o_agrete. Aprenderemos a usar un material de proximidade como é o vimbio e a xerar motivos decorativos conectando co entorno.
Crear en familia, acompañando os ritmos das crianzas e os nosos como adultas sentindo o ritmo da natureza.
Aprenderemos a estructurar e tecer unha cabana con vimbio. Para iso aprenderemos técnicas básicas de cesteria para este tipo de construccións e traballaremos con vimbio do propio lugar.
¿Que inclúe?
- Construcción da cabana.
- Materiais e ferramentas necesarias.
- Varios ambientes de xogo ao aire libre
- Estación de creación para as adultas
- Petiscos caseiros e bebidas quentes.
¿Que levar?
- Roupa axeitada para a actividade e a climatoloxía.

Sobre quen facilita esta actividade
PAULA "O AGRETE"
Graduada en Mestra de Educación Infantil coa Mención en Educación Artística.
Paula exerce actualmente como acompañante da infancia e as súas familias desenvolvendo actividades ao aire libre a 10 minutos de Santiago. Moitas das reflexións que obtivo logo de formarse como directora de actividades educativas na natureza, forman parte hoxe da súa filosofía como coordinadora do Agrete, cunha mirada posta no benestar emocional e a transmisión interxeracional de saberes, a través do contacto diario coa natureza e a as rutinas do día a día na aldea.

Sobre quen facilita esta actividade
Deseñadora, traductora de ideas e formadora.
Xestora no proxecto paciencia.gal
Recolecto materiais e saberes arredor das fibras vexetais, aprendendo doutra xente man a man, o que me vai otorgando un profundo coñecemento tanto do mundo natural que me rodea como de min mesma.
Interesame poñer foco nas técnicas, coñecer os materiais que temos máis próximos, recolectalos con consciencia e procesalos para autoabastecemento. Tamén transmitir como a partir da técnica, a repetición e a intenci´ón nos fusionamos co que estamos a crear , punto do que nacen sempre as pezas máis fermosas. Conectar dende a cestería coa capacidade creativa que existe en cada persoa.
Foto: © Aitana Tubío



Estas son as actividades que terán lugar nas vindeiras datas. Clica na imaxe para obter máis info de cada unha.
Actividades, eventos e formacións que xa tiveron lugar.
💙Natureza&arte&corazón
📍Galiza/NW Spain 🍃✨ ✨ ✨ ✨
Instagram: @paciencia.gal
pacienciaespazo@gmail.com
Aviso legal
Política de devolución
Política de privacidade
Identidade visual + web: Novagarda
Estas son as actividades que terán lugar nas vindeiras datas. Clica na imaxe para obter máis info de cada unha.
Actividades, eventos e formacións que xa tiveron lugar.
Experiencias e obradoiros cociñados a lume lento en Santiago de Compostela

Instagram: @paciencia.gal
pacienciaespazo@gmail.com
Aviso legal
Política de devolución
Política de privacidade
Identidade visual + web: Novagarda