Estas sesions teñen continuidade anual, sen embargo están pensadas para que poidas unirte en calquera momento ao longo do curso 25-26. A nosa estructura flexible de clases permite que veñas cando che resulte posible.
En cada sesión elaboramos unha pequena peza pensada para que se poida empezar e rematar en 2 horas.
Este espacio foi creado coa idea de experimentar e coñecer a disciplina arredor das técnicas de cestería con diversas fibras vexetáis e outros materiais. O obxetivo no que están baseadas estas xuntanzas é o intercambio de coñecemento; experimentando sobre materiais vexetais, repensando sobre o consumo, o autoabastecemento e o benestar que produce facer algo coas mans.
Aprenderemos de forma conxunta á identificación de fibras, a buscar materiais no entorno inmediato a seleccionalos e a preparalos. Ao coñecer as técnicas base poderemos trasladalas aos materiais que máis te gusten (tiras de tea, refugallos de cordas, tiras plásticas...)
Tentamos que na medida do posible os materiais sexan de produción de proximidade ou retornados e están incluídos no prezo, así como as ferramentas básicas. Gústanos compartir sobre esta disciplina na que se requiren moi poucas ferramentas e que posibilita moitas oportunidades creativas.

Sobre quen facilita esta actividade
Deseñadora, traductora de ideas e Formadora
Recolecto materiais e saberes arredor das fibras vexetais, aprendendo doutra xente man a man, o que me vai otorgando un profundo coñecemento tanto do mundo natural que me rodea como de min mesma.
Cheguei ao meu insterese pola cestería fará uns 17 anos cando coñecin a Carlos Fontales, docente e investigador que me adentrou no interesante mundo da cestería popular. Dende aquela continuei a formarme pola miña conta aprendendo con moita xente con bo saber facer e ganas de compartir, dandome conta que esta é unha disciplina lenta na aprendizaxe e da que contamos con escasos rexistros documentais.
Interesame poñer foco nas técnicas, coñecer os materiais que temos máis próximos, recolectalos con consciencia e procesalos para autoabastecemento. Tamén transmitir como a partir da técnica, a repetición e a intenci´ón nos fusionamos co que estamos a crear , punto do que nacen sempre as pezas máis fermosas.
Dende a miña actividade profesional como deseñora retroalimento este espazo da formaci´ón coa finalidade de conectar coa capacidade creativa que existe en cada persoa e ser unha trasmisora.






Estas son as actividades que terán lugar nas vindeiras datas. Clica na imaxe para obter máis info de cada unha.
Actividades, eventos e formacións que xa tiveron lugar.
💙Natureza&arte&corazón
📍Galiza/NW Spain 🍃✨ ✨ ✨ ✨
Instagram: @paciencia.gal
pacienciaespazo@gmail.com
Aviso legal
Política de devolución
Política de privacidade
Identidade visual + web: Novagarda
Estas son as actividades que terán lugar nas vindeiras datas. Clica na imaxe para obter máis info de cada unha.
Actividades, eventos e formacións que xa tiveron lugar.
Experiencias e obradoiros cociñados a lume lento en Santiago de Compostela

Instagram: @paciencia.gal
pacienciaespazo@gmail.com
Aviso legal
Política de devolución
Política de privacidade
Identidade visual + web: Novagarda