Sábado 28 de febreiro en Espazo a Maceta (Muros)
Este taller propón unha escoita atenta do territorio a través dun xesto esencial: crear niños como o fan as aves. Observaremos como elas colleitan, seleccionan e entrelazan fibras da contorna para construír refuxio, coidado e permanencia. O seu facer non separa corpo, materia e lugar: todo ocorre en relación.
Traballar con fibras vexetais locais é unha forma de aprender do territorio dende a práctica, recoñecendo en cada material a súa orixe, a súa resistencia e a súa memoria.
🪺Como as aves, tecemos respondendo ao que a contorna ofrece, deixando que a forma emerxa do diálogo entre mans e fibras, e dando espacio a unha linguaxe compartida entre especies.
O taller exponse como unha experiencia ritual de observación e facer, onde o territorio é mestre e materia á vez. Tecer un niño é, neste contexto, unha forma de habitar o lugar, de practicar o coidado e de recoñecer a nosa pertenza vivamente.

Sobre quen facilita esta actividade
Deseñadora, traductora de ideas e Formadora
Recolecto materiais e saberes arredor das fibras vexetais, aprendendo doutra xente man a man, o que me vai otorgando un profundo coñecemento tanto do mundo natural que me rodea como de min mesma.
Cheguei ao meu insterese pola cestería fará uns 17 anos cando coñecin a Carlos Fontales, docente e investigador que me adentrou no interesante mundo da cestería popular. Dende aquela continuei a formarme pola miña conta aprendendo con moita xente con bo saber facer e ganas de compartir, dandome conta que esta é unha disciplina lenta na aprendizaxe e da que contamos con escasos rexistros documentais.
Interesame poñer foco nas técnicas, coñecer os materiais que temos máis próximos, recolectalos con consciencia e procesalos para autoabastecemento. Tamén transmitir como a partir da técnica, a repetición e a intenci´ón nos fusionamos co que estamos a crear , punto do que nacen sempre as pezas máis fermosas.
Dende a miña actividade profesional como deseñora retroalimento este espazo da formaci´ón coa finalidade de conectar coa capacidade creativa que existe en cada persoa e ser unha trasmisora.
Foto: © Aitana Tubío



Estas son as actividades que terán lugar nas vindeiras datas. Clica na imaxe para obter máis info de cada unha.
Actividades, eventos e formacións que xa tiveron lugar.
💙Natureza&arte&corazón
📍Galiza/NW Spain 🍃✨ ✨ ✨ ✨
Instagram: @paciencia.gal
pacienciaespazo@gmail.com
Aviso legal
Política de devolución
Política de privacidade
Identidade visual + web: Novagarda
Estas son as actividades que terán lugar nas vindeiras datas. Clica na imaxe para obter máis info de cada unha.
Actividades, eventos e formacións que xa tiveron lugar.
Experiencias e obradoiros cociñados a lume lento en Santiago de Compostela

Instagram: @paciencia.gal
pacienciaespazo@gmail.com
Aviso legal
Política de devolución
Política de privacidade
Identidade visual + web: Novagarda