Neste curso intensivo construiremos, a elexir entre dúas posibilidades: unha cesta con asa ou un bolso. En ambos casos elaborados con tira de castaño. Poderás asistir só o sábado ou ambos días.
A cesta de castaño oval ten como singularidade o particular remate en "abanico" fabricado tradicionalmente na serra do Caurel (Lugo)
O bolso trátase dunha peza de carácter máis actual empregando unha das técnicas máis habituais da cestería de castaño, a de damero e que se remata con cinta e asas de algodón.
Sobre quen facilita esta formación
Carlos Fontales definese a sí mesmo como artesan, docente e investigador de cestería. Aprende os rudimentos do oficio de cesteiro en Galicia onde inicia a súa actividade como docente e recorre diferentes puntos de Galicia. Froito deste contacto descubre o inmenso caudal da cestería tradicional galega que tivo lugar entre labradores e pescadores, e que xa só pervive na lembraza e no saber de algúns dos máis vellos do lugar.
Actualmente reside en Caballar onde continúa a facilitar talleres vinculados co mundo das fibras vexetais e é requerido desde diversos puntos da península e fóra para impartir charlas, talleres e instalacións artisticas vinculadas ao land art.
Estas son as actividades que terán lugar nas vindeiras datas. Clica na imaxe para obter máis info de cada unha.
Actividades, eventos e formacións que xa tiveron lugar.
💚Creatividade viva e consciente
📍Galiza/NW Spain 🍃✨ ✨ ✨ ✨
Instagram: @paciencia.gal
pacienciaespazo@gmail.com
Aviso legal
Política de devolución
Política de privacidade
Identidade visual + web: Novagarda
Estas son as actividades que terán lugar nas vindeiras datas. Clica na imaxe para obter máis info de cada unha.
Actividades, eventos e formacións que xa tiveron lugar.
Experiencias e obradoiros cociñados a lume lento en Santiago de Compostela
Instagram: @paciencia.gal
pacienciaespazo@gmail.com
Aviso legal
Política de devolución
Política de privacidade
Identidade visual + web: Novagarda