O taller ten como obxectivo introducir aos/as participantes na elaboración artesanal de esteiras utilizando diferentes fibras vexetais coa técnica ancestral do tear de pedras. Este mecanismo primitivo non é un tear ao uso, senón un dispositivo moi sinxelo no que as pedras actúan como pesos ou ancoraxes, permitindo xerar un tecido plano.
Contidos:
- Identificación, selección e preparación de diferentes fibras vexetais.
- Montaxe do tear de pedras.
- Aplicación da técnica básica de entrelazado (cordado), atendendo á uniformidade do tecido.
Ao finalizar o taller, cada participante confeccionará unha peza (esteira, tapete, mantel, pantalla...) adquirido coñecementos suficientes para poder replicar o dispositivo e a técnica de xeito autónomo para as propias creacións.

Sobre quen facilita esta actividade
Interesada nas interseccións entre socioloxía, deseño e oficios artesáns, desenvolveu a súa formación en Arte Téxtil na Escola Massana de Barcelona, onde investigou a dimensión escultórica e o legado antropolóxico da cestería no noroeste peninsular.
En 2023 obtivo a bolsa Homo Faber, que a levou a formarse coa mestra artesá Isabel Martins en Portugal e a profundar na técnica de cestería en espiral con bracejo, unha fibra local.
www.instagram.com/albafcastro





Estas son as actividades que terán lugar nas vindeiras datas. Clica na imaxe para obter máis info de cada unha.
Actividades, eventos e formacións que xa tiveron lugar.


























💙Natureza&arte&corazón
📍Galiza/NW Spain 🍃✨ ✨ ✨ ✨
Instagram: @paciencia.gal
pacienciaespazo@gmail.com
Aviso legal
Política de devolución
Política de privacidade
Identidade visual + web: Novagarda
Estas son as actividades que terán lugar nas vindeiras datas. Clica na imaxe para obter máis info de cada unha.
Actividades, eventos e formacións que xa tiveron lugar.


























💙Natureza&arte&corazón
📍Galiza/NW Spain 🍃✨ ✨ ✨ ✨
Instagram: @paciencia.gal
pacienciaespazo@gmail.com
Aviso legal
Política de devolución
Política de privacidade
Identidade visual + web: Novagarda