Tres técnicas diferentes combinadas para crear un PANO DE PETO: Estampación, orillo de rulo e bordado.
MÓDULO 1. ESTAMPADO E ORILLADO
Terás á túa disposición unha selección de sellos que poderás usar para estampar un pano de pequenas dimensions (30x30cm). Elexiremos xuntas os motivos, as cores e decidiremos a composición de motivos.
Unha vez terminado de estampar, aprenderemos a rematar os bordes mediante a técnica
do orillo de rulo. Para iso será preciso que cada unha traia un coxín de casa. Isto facilitará la tarefa.
MÓDULO2. BORDADO DE INICIAL
Bordaremos a inicial que desexes. Para iso usaremos a técnica do paso atrás, unha forma de bordar máis sinxela do que semella, e que é ideal para as formas curvas e os cambios de grosor.
Todos os materiais están incluidos, excepto o coxín que terás que traer contigo o día do curso.
Sobre a mestra
Xiana Cobo aúna na marca que leva o seu propio nome todas as súas inquedanzas combinando dun xeito moi persoal o textil e a ilustración. Emprega técnicas contemporáneas como a estampación dixital e outras artesanías tradicionais como as manuais mediante bloques, o bordado ou a serigrafía.
Crea textís “souvenir” porque lle gusta a idea de redefinir, deste xeito, a categoría “lembranza”.
Ademais de colaborar para outras marcas na creación de estampados e deseños, tamén adica unha parte do seu tempo a impartir talleres de técnicas manuais de estampación e de bordado e compartir todo o coñecemento que atesoura.
IG Xiana Cobo
Estas son as actividades que terán lugar nas vindeiras datas. Clica na imaxe para obter máis info de cada unha.
Actividades, eventos e formacións que xa tiveron lugar.
💙Natureza&arte&corazón
📍Galiza/NW Spain 🍃✨ ✨ ✨ ✨
Instagram: @paciencia.gal
pacienciaespazo@gmail.com
Aviso legal
Política de devolución
Política de privacidade
Identidade visual + web: Novagarda
Estas son as actividades que terán lugar nas vindeiras datas. Clica na imaxe para obter máis info de cada unha.
Actividades, eventos e formacións que xa tiveron lugar.
Experiencias e obradoiros cociñados a lume lento en Santiago de Compostela
Instagram: @paciencia.gal
pacienciaespazo@gmail.com
Aviso legal
Política de devolución
Política de privacidade
Identidade visual + web: Novagarda