Unha viaxe alquímica a través do corpo feminino, a Natureza & as plantas 🌱
O poder da muller é inseparable do coñecemento da nosa alquimia interna e da práctica dese poder de transformación e creación que nos outorgou a Natureza con cada lúa.
Coñecer o noso corpo e a nosa natureza cíclica, facernos responsables da nosa saúde (en corpo, mente e alma) e saber utilizar as ferramentas que a Natureza pon ao noso alcance para aliviar os múltiples desequilibrios que poden afectarnos parécenme tarefas imprescindibles para poder recuperar o noso poder feminino.
A autoxestión da nosa saúde é unha parte indivisible do noso poder feminino, a súa pedra angular, baixo o meu punto de vista. Porque se nós non estamos ben, nada ao noso arredor pode estar ben. Por iso considero estes coñecementos dunha enorme importancia para as mulleres.
Neste taller elaboraremos 3 remedios para desequilibrios femininos a partir de plantas medicinais especialmente vinculadas á muller: un ungüento, unha tintura e un vinagre.
Inclúe un dossier en PDF dunhas 40 páxinas con fichas de plantas e un pequeno receitario.
Sobre quen facilita esta formación
Cova naceu nunha fermosa terra de montañas chamada Asturias durante unha lúa negra. Ten formación como filóloga e antropóloga social, sen embargo os seus pasos non seguiron ese camiño e durante case unha década foi artesá téxtil e vendedora.
Conta que as plantas son a súa vida, forman parte dela dende que ten recordos, pois a súa familia materna está fortemente vencellada á terra. A súa relación cos usos medicinais remóntase a uns 15 anos atrás e foi totalmente autodidacta ata hai un par de anos, cando decidiu matricularse en diversas formacións para validar os seus coñecementos. Graduada en fitoterapia con especialidade en Ayurveda e terapia floral, non sente que iso a defina en absoluto.
Considérase sinxelamente unha aprendiz e eterna observadora da natureza.
Na aventura do proxecto de Urtika Herbal conta cun compañeiro artista que colabora na materialización dos proxectos que @urtika.herbal ten en marcha.
Estas son as actividades que terán lugar nas vindeiras datas. Clica na imaxe para obter máis info de cada unha.
Actividades, eventos e formacións que xa tiveron lugar.
💚Creatividade viva e consciente
📍Galiza/NW Spain 🍃✨ ✨ ✨ ✨
Instagram: @paciencia.gal
pacienciaespazo@gmail.com
Aviso legal
Política de devolución
Política de privacidade
Identidade visual + web: Novagarda
Estas son as actividades que terán lugar nas vindeiras datas. Clica na imaxe para obter máis info de cada unha.
Actividades, eventos e formacións que xa tiveron lugar.
Experiencias e obradoiros cociñados a lume lento en Santiago de Compostela
Instagram: @paciencia.gal
pacienciaespazo@gmail.com
Aviso legal
Política de devolución
Política de privacidade
Identidade visual + web: Novagarda