SOBRE LIMERICK
O disparate é o non esperado, aínda que por veces agardado. A miña licencia poética é presentarme así, case sen previo aviso, nun momento denso e non por iso exento de vida e luz. Epiderme e fios soltos sen enchufe. O brado calado que estoupa. Esta é unha peza de arroutada, desexo e apertura. Este é un convite para ti. Correrei a cortina invisible do escenario, onde palco e altar son os lugares que consagramos no acto.
A miña traxectoria teatral comenza en Buenos Aires - Arxentina; no ano 2004 na “Escuela de Teatro Malvado Colibrí”, desde entón traballo como actriz en diferentes pezas e performances. Complemento a formación realizando diferentes cursos de Clown, Voz e Teatro Físico. No ano 2010 realizo o curso de Teatro Social na ESAD de Vigo e no ano 2017 continuo formándome na “Escuela Laboratorio de Expresión Corporal Dramática” en Barcelona.
Proporciono diferentes obradoiros e sesións de teatro en escolas, festivais e centros.
Actualmente presentando o meu segundo solo teatral “Limerick”
Formada en Kundalini Yoga por KRI – Kundalini Institute Research no ano 2011.
O contacto máis profundo, liberador e gozoso comigo foi e é a través do teatro. O meu proceso de sanación é a través da arte. Como unha especie de rendición a min mesma, a miña realidade máis profunda.
Como se fose unha ferramenta cargada de potencia e maxia, o teatro abre un espazo que acolle con humor e amor as miñas luces, sombras, misterios, segredos e evidencias.
IG @ali_rivela
Estas son as actividades que terán lugar nas vindeiras datas. Clica na imaxe para obter máis info de cada unha.
Actividades, eventos e formacións que xa tiveron lugar.
💚Creatividade viva e consciente
📍Galiza/NW Spain 🍃✨ ✨ ✨ ✨
Instagram: @paciencia.gal
pacienciaespazo@gmail.com
Aviso legal
Política de devolución
Política de privacidade
Identidade visual + web: Novagarda
Estas son as actividades que terán lugar nas vindeiras datas. Clica na imaxe para obter máis info de cada unha.
Actividades, eventos e formacións que xa tiveron lugar.
Experiencias e obradoiros cociñados a lume lento en Santiago de Compostela
Instagram: @paciencia.gal
pacienciaespazo@gmail.com
Aviso legal
Política de devolución
Política de privacidade
Identidade visual + web: Novagarda