Buaa, os baleiros que van deixando os mortos!!!
Ninguén fai as filloas como o meu avó as facía, ninguén me fai rir como o meu padriño o facía, ninguén me saca a tenrura como a miña tía, que en paz descanse. Imaxínaste que puidésemos atopar un tempo e un lugar para rescatar esas facetas perdidas e festexalas?
Na véspera de defuntos, en Paciencia, organizamos un espazo onde compartir aos nosos mortos, onde rescatar a súa memoria (e as súas filloas e as súas bromas e a súa tenrura) e a través do xogo e da arte, reconectar profundamente con eles. Usaremos o bailar e o pintar (non fai falla nin saber pintar nin bailar, aquí a ignorancia xoga a favor).
Durará unhas 2 horas e guiarao Wences Lamas, que ademais de ser artista e terapeuta é fillo e neto de funerarios.
Sobre quen facilita este obradoiro
Artista plástico, lírico, audiovisual, músico e performer que tende lazos co ritual, a terapia e a sanación. Usa o simbolismo, o xogo e a vanguardia como ferramentas máxicas.
Realizou os seus feitizos para selos musicais, centros de arte, festivais, editoriais, feiras, covas e montañas ao longo da península e parte de Europa.
IG Wences Lamas
Estas son as actividades que terán lugar nas vindeiras datas. Clica na imaxe para obter máis info de cada unha.
Actividades, eventos e formacións que xa tiveron lugar.
💙Natureza&arte&corazón
📍Galiza/NW Spain 🍃✨ ✨ ✨ ✨
Instagram: @paciencia.gal
pacienciaespazo@gmail.com
Aviso legal
Política de devolución
Política de privacidade
Identidade visual + web: Novagarda
Estas son as actividades que terán lugar nas vindeiras datas. Clica na imaxe para obter máis info de cada unha.
Actividades, eventos e formacións que xa tiveron lugar.
Experiencias e obradoiros cociñados a lume lento en Santiago de Compostela
Instagram: @paciencia.gal
pacienciaespazo@gmail.com
Aviso legal
Política de devolución
Política de privacidade
Identidade visual + web: Novagarda