SOBRE ESTA PRESENTACIÓN
Achégate a coñecer “Chanoyu”, a cerimonia xaponesa de preparación do té matcha da man de Guillermo Rizzotto, practicante dende hai 12 anos desta lonxeva tradición.
O camiño do té é unha disciplina espiritual e artística que representa a quintaesencia da cultura xaponesa. A utilización dos diversos instrumentos durante a práctica do ritual supón unha auténtica expresión do seu espírito de sabedoría ancestral.
Durante a cerimonia do té pódense apreciar os distintos estilos de cerámica, os instrumentos artesanais de forxa e bambú, a caligrafía e a ornamentación floral. Cada un destes obxectos cumpren unha función concreta dentro do ritual en torno ao matcha, un té verde en po e bebida ancestral desta cerimonia, que se serve precedido dun doce.
A presentación consistirá nunha breve introdución verbal, a continuación contemplaremos a cerimonia do té, a cargo de Guillermo e Chiyu, e poderemos desfrutar da xestualidade, os quimonos, o momento ritual e a simbólica purificación dos obxectos. Despois da cerimonia abrirase o espazo a preguntas e respostas onde poderás consultar todas as inquietudes e curiosidades desta práctica tradicional considerada un “do”: un Camiño.
Practicante dende hai 12 anos de "Chanoyu", a cerimonia xaponesa do té.
Comezou os seus estudos da man de mestres xaponeses e estudou na escola de Chanoyu Urasenke de Kyoto, Xapón, e como esta disciplina se trata dun "do" ou camiño, continúa cos seus estudos de por vida.
Ao longo deste camiño ten recibido transmisións orais de consagrados mestres do camiño do té.
Transmisións que el mesmo comparte no seu grupo de estudos de Chanoyu en Barcelona, onde tamén se ofrecen cerimonias especiais, presentacións e talleres.
Podes atopar máis información sobre o grupo de estudos de Chanoyu Barcelona en Instagram @ceremonia_de_te_en_barcelona.
Estas son as actividades que terán lugar nas vindeiras datas. Clica na imaxe para obter máis info de cada unha.
Actividades, eventos e formacións que xa tiveron lugar.
💚Creatividade viva e consciente
📍Galiza/NW Spain 🍃✨ ✨ ✨ ✨
Instagram: @paciencia.gal
pacienciaespazo@gmail.com
Aviso legal
Política de devolución
Política de privacidade
Identidade visual + web: Novagarda
Estas son as actividades que terán lugar nas vindeiras datas. Clica na imaxe para obter máis info de cada unha.
Actividades, eventos e formacións que xa tiveron lugar.
Experiencias e obradoiros cociñados a lume lento en Santiago de Compostela
Instagram: @paciencia.gal
pacienciaespazo@gmail.com
Aviso legal
Política de devolución
Política de privacidade
Identidade visual + web: Novagarda